Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Festival de Cine trouxo a Bueu preto de 80 curtamentraxes de 28 países distintos

O Festival de Cine trouxo a Bueu preto de 80 curtamentraxes de 28 países distintos

Este sábado entréganse os premios na sección de competición e o domingo volveranse proxectar as curta gañadoras 

O FIC ainda vai continuar ata o 19 de setembro con proxeccións de curtas das Escolas de Cinema Galegas e Internacionais 

O festival foi seleccionado pola Academia do Cine Español como un dos certames cualificadores para as distintas categorías de curtametraxes para os premios Goya

 

G24.gal 12/09/2026 10:33

Bueu pecha a sección oficial do seu Festival de Cine despois dunha semana en que se estrearon na vila algunhas das propostas máis interesantes tanto do panorama nacional coma do internacional.

Proxectáronse preto de 80 películas en formato curta chegadas dende 28 países distintos, na que xa é a 19 edición dun certame que consolida a Bueu como un espazo de exhibición e encontro entre o público e os cineastas.

Un festival que foi seleccionado pola Academia do Cine Español como un dos certames cualificadores para as distintas categorías de curtametraxes con vistas aos premios Goya.

Tras o peche da competición o FIC aínda ten moito que ofrecer, ata o próximo sábado vanse seguir proxectando curtas das Escolas de Cinema Galegas e Internacionais ademáis das propostas dos centros de ensinanza.

O festival aposta por seguir formando novos públicos para a curtametraxe polo que tamén haberá espazo para a programación infantil e familiar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade