Publicador de contidos

Publicador de contidos

'La bola negra' domina as candidaturas dos Premios Feroz 2027, seguida de 'El ser querido'

'La bola negra' domina as candidaturas dos Premios Feroz 2027, seguida de 'El ser querido'

As categorías relativas a series están encabezadas por 'El castillo e 'Ravalear', ambas con seis mencións

Europa Press Europa Press
G24.gal 27/11/2026 12:29

A película 'La bola negra', dirixida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, domina as candidaturas dos Premios Feroz 2027 con mencións ata en 10 categorías, incluída a de mellor película dramática e con presencia en todas as interpretativas. Seguida desta está 'El ser querido', de Rodrigo Sorogoyen, con sete candiaturas; 'Amarga Navidad', de Pedro Almodóvar, e 'Yo no moriré de amor', de Marta Matute, ambas con cinco.

As candidaturas a estes premios foron dadas a coñecer nun acto celebrado no Concello pola a actriz Cristina Castaño e a xornalista Cristina S. Sánchez. Este acto tamén contou coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

A mellor película dramática compiten 'Amarga Navidad', 'La bola negra', 'El ser querido', 'Yo no moriré de amor' e 'Tres adioses', de Isabel Coixet. E as propostas a mellor película de comedia son 'Cinco minutos más', de Javier Ruiz Caldera; 'Aída y vuelta', de Paco León; 'Altas Capacidades', de Víctor García León; 'Pioneras', de Marta Díaz de Lope Díaz, e 'Pizza Movies', de Carlo Padial.

No caso das series, as candidaturas están máis repartidas. Están encabezadas por 'El castillo' e 'Ravalear', que comparten podio con seis mencións. E, por detrás están as series 'Se tiene que morir mucha gente' e 'Cochinas', con cinco mencións, e 'Celeste', con catro.

Así, 'El castillo', 'Matar a un oso', 'Ravalear', 'Segunda temporada' e 'Yo siempre a veces' son as contrincantes a ganar o Feroz a mellor serie dramática. E 'Celeste', 'Cochinas', 'Furia' e 'Se tiene que morir mucha gente' son as opcións na categoría de comida. Nesta última hai catro debido a que as candidatas non superaron as 20. Pola súa parte, o Feroz Arrebato de ficción e de non ficción serán desvelados o vindeiro mércores 16 de decembro.

A cerimonia da Asociación de Informadores Cinematográficos (AIC) terá lugar o 23 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra, que acollerá a gala por terceiro ano consecutivo. Cristina S. Sánchez chamou aos candidatos a que, no caso de que ganen, realicen discursos breves porque, ademais de que favorecen o desenvolvemento da gala, poden optar a un premio adicional. En concreto, Legado Ibérico regalará un xamón ao discurso máis curto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade