Tardes de domingo de cine en Barreiros para impulsar a cultura no rural
O concello participa nun programa do Ministerio de Agricultura co que se intenta levar a sétima arte ás pequenas vilas
O concello de Barreiros participa dende o ano pasado nun programa que permite achegar actividades culturais aos pequenos concellos do rural.
E a cultura chega da man do cine, unha actividade que se ofrece á veciñanza os domingos pola tarde. O ano pasado foi un día, e este ano ofrecéronse tres xornadas diferentes.
Asisten maioritariamente mulleres e para todas elas supón un aliciente para saír da casa e socializar, atoparse coas amigas e facer unha actividade, algo que segundo Montse Porteiro, concelleira de Igualdade de Barreiros, repertute directamente "na faliciade e na saúde".
Paquita, unha das veciñas que asisten ao cine, coméntanos o seu desexo de que houber cine "todos os domingos".