O festival Cineuropa de Santiago celebra 40 anos do mellor cinema
150 películas vanse proxectar ata o 22 de novembro nas catro sedes do festival, que chega á súa 40ª edición
Corenta anos do mellor cinema pasaron polas pantallas de Cineuropa desde a súa primeira edición.
Cada mes de novembro desde 1988, o festival reúne unha escolma dos filmes máis destacados da temporada nos principais festivais internacionais, como Cannes, Berlinale, Venecia ou Donostia.
"Non vin no catálogo todas as películas que se proxectan, pero xa escollín polo menos unhas dez", di unha espectadora
"Imos probar hoxe cunha francesa, a ver que tal", di un asistente.
"Está moi ben repartido por Santiago e seguro que é unha boa selección", comenta unha espectadora.
Entre as estreas galegas están os traballos máis recentes dos directores Eloy Dominguez Serén e Eloy Enciso. O deste último, Todo é carcere, recibiu o Gran Premio da Competición Internacional no Festival de Marsella.
"Está Todo é cárcere, de Eloy Enciso, está Tralovento, de Eloy Domínguez Serén, na súa volta á longametraxe de ficción. Está As Augas, que é o debut na dirección de Ledicia Sola", explica Sandra Carnota, responsable de comunicación de Cineuropa.
As Augas, que se estreou recentemente na Seminci de Valladolid, será o filme de clausura desta corenta edición de Cineuorpa.
En total, 150 películas vanse proxectar ata o 22 de novembro nas catro sedes do festival.