Publicador de contidos

Publicador de contidos

"The Witch Doctor" e "Señuelo" conquistan o Curtas-Festival de Cine Fantástico de Vilagarcía

"The Witch Doctor" e "Señuelo" conquistan o Curtas-Festival de Cine Fantástico de Vilagarcía

A longametraxe surcoreana Hope conseguiu o premio Amando de Ossorio na sección oficial Nocturna

O premio á mellor curtametraxe galega foi para Ante o avesío, de Xaime Miranda

Imaxe de Curtas Festival do Imaxinario Imaxe de Curtas Festival do Imaxinario
G24.gal 01/11/2026 17:27 Última actualización 01/11/2026 18:26

Despois de dez días de proxeccións e encontros nas salas, o xurado desta 54 edición de Curtas Festival do Imaxinario apostou polo cinema fantástico máis creativo e de gran potencia visual. 

Na sección raíña, o Premio Amando de Ossorio á Mellor Longametraxe foi para Hope, a obra do cineasta surcoreano Na Hong-jin, unha película que conquistou tanto o público coma os avaliadores. A superprodución surcoreana xa fora recoñecida pola crítica no seu paso pola última edición de Cannes, onde optou á Palma de Ouro

O podio de Nocturna completouse coa mención especial a Los que vienen, de Victor Catalá, e o Premio Millicent Patrick aos Mellores Efectos Especiais, recoñeceu o traballo de The glorious dead, dirixida por Toby Poser e John Adams.

Formato curta

O xurado escolleu a The witch doctor, de Nikita Voronin, como A Mellor Curtametraxe Internacional, mentres que nno ámbito estatal a elección foi para Señuelo, de Martha G. Ayerbe, distinguida como A Mellor Curtametraxe Nacional.

O talento galego destacou con Ante o avesío, de Xaime Miranda, recoñecida como A Mellor Curtametraxe Galega.

Nesta edición a animación tamén tivo un peso incuestionable con Michelle, de Julia Hernandez de La Cruz, Lautaro Ezequiel Machuca Leiba e Inés Matos López-Jáuregui, co premio nesta categoría, acompañada pola mención especial concedida a Lucus, de David Fidalgo. Cara de cona, do galego Guillermo de Oliveira, recolleu o Premio Especial do Xurado,

A entrega do Méliès d’Argent á Mellor Curtametraxe Europea recaeu no filme Yo primero, do brasileiro asentado en España Pedro Gusmão,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade