O festival Galicreques pasea por Santiago ao ritmo dos xigantes e cabezudos
Ata o vindeiro domingo ofrece espectáculos para todas as idades, funcións escolars e cursos
Nesta edición participan 25 compañías galegas e de países como o Uruguai, o Brasil ou a Arxentina
Este ano concédelle o seu premio a Dadi Pudumjee, figura esencial do teatro de monicreques contemporáneo
O festival internacional Galicreques volve encher a cidade de Santiago de espectáculos para todas as idades, funcións escolares, cursos, masterclasses e exposicións.
Esta fin de semana botou a andar coas primeiras postas en escena e un percorrido polo centro que partiu da alameda compostelá ao ritmo da comparsa de xigantes e cabezudos.
Desta volta, o festival concédelle o seu premio ao indio Dadi Pudumjee, figura esencial do teatro de monicreques contemporáneo e un dos seus grandes embaixadores internacionais.
A programación espállase por diferentes espazos da capital ata o vindeiro domingo. Nesta XXXI edición, participan compañías galegas e de países como o Uruguai, a Arxentina ou o Brasil.