Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo quenta motores antes do Caudal Fest

Lugo quenta motores antes do Caudal Fest

40.000 persoas pasaran polo festival

Lori Meyers e Siloé encabezan o cartel

G24.gal 18/09/2026 14:28

Un ano máis, o Caudal Fest chega á cidade de Lugo. Un festival que non parou de medrar nos seus oito anos de vida. Para hoxe e mañá, agardan cifras de récord.

"Agardamos estar nas 40.000 persoas, 20.000 cada xornada. Todo un éxito que cada ano medra máis e un publico que sae contento pola porta e pide que preparemos xa a edición do próximo ano", comenta Esteban Girón, xefe de prensa.

Unha afluencia que se nota, e moito, nos hoteis. Algúns levan tempo con todas as habitacións reservadas nunhas datas que serven tamén para quecer motores antes da chegada do San Froilán.

"O sábado leva completo dende fai moito tempo, para o venres vendéronse as ultimas habitacións nestes dias", confirma Alba Álvarez, directora do Hotel Esteoeste.

E, por suposto, vese tamén na hostalaría. Algúns ampliaron incluso o negocio.

"Soe ser a mellor fin de semana do ano. Agardamos máis traballo do normal e imos ter máis do dobre de persoal, máis billas de bebida e bastante máis comida", confirma Antonio Castilla, dono da Terraza Gato Negro.

Os 40.000 asistentes gozarán das actuacións, entre outros, de Xoel López ou Ortiga nun festival que se confirma como un motor económico para a cidade de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade