Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Drexler, Depedro e Maldita Nerea actuarán en Galicia no Latidos Festival

Jorge Drexler, Depedro e Maldita Nerea actuarán en Galicia no Latidos Festival

Na presentación, o director de Art Music Agency, Alberto Alfonso, remarcou que o obxectivo é crear un novo espazo para a música en Galicia e xerar novas propostas culturais que acheguen valor e teñan unha identidade propia

Foto de arquivo (Álex Cámara / Europa Press) Foto de arquivo (Álex Cámara / Europa Press)
G24.gal 09/09/2026 12:19

Galicia acollerá entre este ano e o que vén Latidos Festival, unha cita coa música en vivo, con entradas xa á venda, que reunirá a Maldita Nerea, Jorge Drexler ou De Pedro.

Así se informou no acto de presentación, no Palacio da Ópera da Coruña, con presenza de representantes de Art Music, promotora responsable do evento, e Banco Mediolanum, entidade patrocinadora.

O obxectivo, explicou a organización, é ofrecer, a través deste festival, un punto de encontro entre grandes artistas do panorama nacional e un público que busca sentir a música de forma auténtica, intensa e compartida.

En concreto, ofertarase un ciclo de concertos concibido para crear experiencias memorables a través das diferentes propostas expostas.

Será entre os meses de novembro e xaneiro cando teña lugar este novo ciclo. Jorge Drexler presentará Taracá o 21 de novembro no Palacio da Ópera da Coruña, mentres que De Pedro ofrecerá dous concertos, o 15 e o 16 de xaneiro, na Sala Capitol de Compostela.

Como novidade, Maldita Nerea incorpórase ao cartel do Festival nun formato acústico e especialmente concibido para achegarse ás cancións desde unha perspecitva íntima. Será o 30 de xaneiro no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Na presentación, o director de Art Music Agency, Alberto Alfonso, remarcou que o obxectivo é crear un novo espazo para a música en Galicia e xerar novas propostas culturais que acheguen valor e teñan unha identidade propia.

"Queremos construír un ciclo musical con personalidade, cunha programción coidada e cunha clara aposta pola calidade", dixo para incidir en que se busca promover experiencias especiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade