Entrevistamos a Carlos Santiago polo libro 'Narf, canto sentido'
A Central Folque edita 'Narf. Canto sentido' no décimo aniversario do seu pasamento
Xelis de Toro coordina a publicación reunindo capítulos escritos por amigos e familia
Carlos Santiago, Pepe Sendón, María Pérez e moitos outros achegan a súa visión sobre Narf
O legado de Fran Pérez vai da música, a composición pasando pola defensa da unión cultural coa lusofonía
Fran Pérez foi un artista rotundo e integral. Formou parte de grupos como Nicho Barullo, Os quinindiola, a Psicofónica de Conxo ou Narf, compuxo música para bandas e para teatro, tendeu pontes coa lusofonía. O 15 de novembro de 2016, con só 48 anos, Fran morreu en Compostela, e agora A Central Folque edita un libro que reivindica a súa prolífica traxectoria. Un dos amigos e colaboradores habituais de Narf que escribe nese libro é Carlos Santiago.