Feira de Santos en Monterroso: unha tradición con orixe na Idade Media
Centos de vendedores montaron postos nunha das citas máis multitudinarias do outono galego.
As castañas, unha tradición desta feira de Santos
O tempo acompaña este día de Santos e toda a vila de Monterroso é unha feira con miles de visitantes.
"Vinte anos sen poder vir e aproveitando o nacemento da miña filla era o momento de volver porque a miña familia é galega. Facíame moita ilusión porque gardaba bo recordo da feira"."Gústanos vir ver toda a tradición. Levamos 15 anos vindo, antes non viñamos, estabamos máis lonxe", din dúas visitantes.
"Moita afluencia, ao ser domingo nótase", conta unha vendedora.
Montáronse centos de postos, con vendedores chegados de dentro e fóra do país. Aquí pódese mercar desde maquinaria agrícola e gando a artesanía, roupa e produtos típicos do outono, coma as castañas.
"Hoxe estounas vendendo a catro euros pero foron a euro e grazas. Non me queixo". "Moita calor e regular. Pouca castaña non demasiado boa"."Aquí hai unha hora punta, de once a unha. E ben, coma todos os anos"."Antes había máis xente, comprábase máis"., explican varias vendedoras.
"Comprei chourizos, touciño entrefebrado, un pouquiño de carne salgada, así"."Aquí carteira para adiante e despois xa falaremos ao chegar á casa", relatan dous compradores.
Esta feira de Santos naceu na Idade Media como mercado agrícola e gandeiro beneficiada pola situación de Monterroso nunha encrucillada no corazón de Galicia.