Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden 14 anos de cárcere para o acusado de acoitelar mortalmente un mozo en Ourense

Piden 14 anos de cárcere para o acusado de acoitelar mortalmente un mozo en Ourense

O xuízo empeza este luns na Audiencia Provincial e está previsto que dure toda a semana

G24.gal 15/11/2026 20:08

O homicidio aconteceu en novembro de 2024. O acusado e un grupo de mozos, entre os que estaba a vítima, discutiron nun local do casco histórico de Ourense, segundo o escrito da Fiscalía. E a pelexa continuou na rúa.

Nun determinado momento, o procesado sacou do peto unha navalla de 20 centímetros e cravoulla no peito ao mozo, que ese día facía 21 anos. A coitelada chegou ao corazón, o que ocasionaría a morte do mozo pouco despois no hospital.

O acusado fuxiu e guindou a navalla no río Barbaña. Varias persoas que o perseguían lograron retelo ata a chegada da Policía. A fiscalía pide 14 anos de prisión polo delito de homicidio, ademais de indemnizacións para a nai e o irmán do falecido e que o procesado, que ten a nacionalidade romanesa, sexa expulsado nove anos de territorio español.

Está previsto que o xuízo comece este luns na Audiencia de Ourense, despois da constitución do xurado popular, e que se prolongue toda a semana.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade