O documental sobre Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro triunfa en Xixón
O festival internacional de cine asturiano premiou con dous galardóns o filme Hoxe e o resto do mundo
A cinta, dirixida pola súa neta Cecilia Díaz Betz, sumérxese no periplo vital da parella que fundou Sargadelos
Producida por Matriuska Cine e participada pola CSAG, estreouse neste certame o pasado 15 de novembro
Hoxe e o resto do mundo (2026), o documental que afonda no periplo vital e artístico de Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro, acadou dous galardóns na 64ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón.
A cinta, de Cecilia Díaz Betz, neta da parella que fundou o Laboratorio de Formas (Sargadelos), conseguiu o Gran Premio do Público e o Europa Film Festivals, segundo acaba de facer público o certame.
A través dun amplo arquivo familiar, con imaxes domésticas e materiais inéditos, a directora reconstrúe a traxectoria dos seus avós, figuras fundamentais da cultura galega contemporánea, entre a súa terra e o exilio arxentino.
Producida por Matriuska Cine e participada pola CSAG, aborda asuntos como a memoria histórica, o deseño, a arquitectura, o pensamento de vangarda e, sobre todo, o humanismo de ambos os dous protagonistas.