Marc Márquez anuncia a súa retirada
O piloto o confirma tras proclamarse campión do mundo de MotoGP 2026
Márquez disputará o seu derradeiro Gran Premio en Valencia
Marc Márquez, sostendo o trofeo de campión do mundo de MotoGP 2026 (Europa Press)
O español Marc Márquez, campión do mundo de MotoGP 2026, sentado no seu taller do Gran Premio da Comunidade Valenciana de MotoGP e con carteis en inglés, anuncia a súa retirada da competición no máis alto da súa carreira deportiva e rodeado por toda a súa familia.
A pesar de que renovou por dúas tempadas máis co equipo oficial Ducati, decidiu poñer fin a súa carreira profesional, despois de conseguir seu oitavo título mundial de MotoGP en Portimao (Portugal) e o décimo de toda a súa carreira deportiva, tal e como adoitan facer os grandes campións.
Cando Márquez foi enfocado polas cámaras no seu taller, lanzou un bico coa súa man e colleu unha serie de carteis en inglés á vez que mira fixamente á cámara.
No primeiro aparece a frase "We'll talk later, but first..." (Falaremos despois, pero primeiro), para despois continuar co seguinte en que estaba escrito: "Thank you to everyone who's been part of this journey" ("Grazas a todos por ser parte deste camiño").
Continúa co terceiro cartel, en que se podía ler "I hope you've enjoyed it as much as I have" ("Espero que disfrutásedes moito como eu o fixen) e pecha co seguinte: "This will be my last race in MotoGP" ("Est será a miña última carreira en MotoGP"), e conclúe sentenciando "We Made History" ("Fixemos historia").
Aplaudido por todos os presentes e dunha maneira tan orixinal, Marc Márquez disputará en Valencia o seu gran premio como piloto en activo.