Publicador de contidos

Publicador de contidos

Se o DNI electrónico falla o 29N, esixirase a identificación de maneira tradicional

Se o DNI electrónico falla o 29N, esixirase a identificación de maneira tradicional

Cando o problema co dispositivo electrónico que non se poida solucionar, será obligatoria a presentación de DNI, pasaporte ou permiso de conducir físicos

Estas serían as primeiras eleccións xerais españolas nas que a identificación electrónica estaría permitida

A aplicación MiDNI permite descargar o DNI en formato dixital. A aplicación MiDNI permite descargar o DNI en formato dixital.
G24.gal 27/11/2026 10:56

En caso de que existan incidencias cos procesos de verificación do DNI electrónico, a Xunta Electoral Central establece a través dunha circular que soamente se aceptará o sufraxio co DNI, pasaporte ou carnet de conducir físicos.

Cada mesa electoral disporá dun dispositivo móvil con cámara e navegador que terá incorporado o verificador QR da web oficial de MiDNI. Este permitirá comprobar a identificación dos electores electronicamente lendo o código QR xerado pola aplicación. 

A xunta electoral sinala que se a Presidencia da Mesa non recibe o dispositivo ou as instrucións de uso antes do comezo da votación, esta deberá comunicalo inmediatamente á Xunta Electoral da Zona para que proceda ao seu suministro. Se durante o proceso electoral existise algunha incidencia no funcionamento dos dispositivos de verificación de electores mediante MiDNI, a presidencia tamén deberá notificalo coa maior brevidade posible.

Existe un protocolo de atención a incidencias habilitado pola Direción Xeral de Política Interior co que mediante unha chamada tamén se pode solicitar o apoio. O número de teléfono constará nas instrucións que acompañarán aos dispositivos de verificación.

No suposto no que o erro non poida ser solventado, as mesas electorais soamente poderán aceptar a identificación dos electores da maneira tradicional, a recoñecida polo artigo 85 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX). A normativa establece que para votar hai que identificarse "mediante documento nacional de identidade, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular ou, ademais, no caso dos estranxeiros, coa tarxeta de residencia". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade