O DNI dixital equipárase ao físico para a maioría dos trámites
O DNI dixital xa é válido para case todo
Só se restrinxe o seu uso para votar, nos aeroportos e nalgún trámite financieiro e notarial
O DNI dixital leva un ano en vigor pero non se usa moito.
"Non porque fun dos primeiros en baixalo, fun dos primeiros en baixalo e a xente non utilizaba iso", comenta un señor
Agora si. Ás entidades públicas e privadas déronlles un ano para que puideran adaptarse e o tempo expirou. Dende hoxe están obrigadas a aceptar o DNI dixital.
"Por exemplo para acceder a unha discoteca, abrir unha conta, facer unha compra ou realizar calquer transacción", explican nun video formativo da Policía Nacional
Pero como con todo, hai excepcións. Nos aeroportos e postos fronteirizos aínda non se acepta a versión móbil. Tampouco para votar. E algunhas entidades do sector financeiro e notarial tamén manteñen a obrigatoriedade do documento físico.
"Eu non o teño descargado, sei o que é pero fáiseme a estas alturas do partido un pouco todo o dixital, demasiado complicado"
"Perdes o móbil ou quedas sen batería e que"
"Se todo os teus cartos, a túa identidade e todo depende da porcentaxe de batería que teñas no teléfono, de todo, polo menos a día de hoxe, 2026, eu non me fiaría"
"Si que o teño dixital por si algún día saio sen carteira pero case sempre vou con el", comentan varias persoas
Para usar o dixital hai que descargar a aplicación MiDNI. Se necesitamos amosar os nosos datos a un terceiro, temos que solicitarllos á Policía Nacional quen os achega a través dun código QR
"O código QR xerado aparecerá en pantalla uns segundos e unicamente será válido durante ese periodo de tempo", continúa a explicación do vídeo
"Paréceme moi ben, a verdade non o sabía"
"A ver, ao final entre levalo físico e levalo dixital pois tampouco perdes nada"
"E o móbil lévalo sempre"
"Co tempo que estamos toda a xente debería ter xa a empezar a pensar en ter as cousas dixitalizadas", conclúen varias persoas