ÚLTIMA HORA
Morre unha muller en Bilbao tras ser apuñalada pola súa exparella
A vítima, de 34 anos, faleceu no hospital como consecuencia das feridas
O home foi detido pola Ertzaintza
Arnaitz Rubio/Arquivo/Europa Press
Faleceu no Hospital de Cruces a muller de 34 anos apuñalada este xoves pola súa exparella en Bilbao.
A agresión produciuse sobre las oito da tarde na vivenda da vítima. Axentes da policía autónoma vasca acudiron ata alí tras recibir a chamada dunha persoa residente neste piso.
Cando chegaron, os ertzainas atoparon despois a muller con feridas de arma branca e tamén o seu agresor, un home de 47 anos que foi detido por un delito de homicidio en grao de tentativa.
O home tiña antecedentes por violencia de xénero.
As vítimas da violencia machista e a súa contorna poden pedir axuda en distintos recursos activos todos os días da semana e as 24 horas do día: o teléfono 016, o correo electrónico 016-online@igualdad.gob.es e a canle do WhatsApp no número 600 000 016.
O teléfono de atención da Xunta de Galicia contra a violencia machista é o 900 400 273. É gratuíto e anónimo, non deixa rastro na factura telefónica, funciona as 24 horas do día e ten cobertura en toda Galicia.
Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e, se non é posible facer esa chamada, en caso de perigo existe tamén a opción de activar a aplicación ALERTCOPS, que envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización.