Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Estados Unidos confirman a saída voluntaria do estudante español detido polo ICE

Os Estados Unidos confirman a saída voluntaria do estudante español detido polo ICE

O Departamento de Seguridade Nacional de Estados Unidos atribúelle un antecedente por furto en comercios

O Ministro de Exteriores español José Manuel Albares declarou que ten toda a atención consular e toda a atención diplomática para que se produza a súa liberación o antes posible

Europa Press Europa Press
G24.gal 27/11/2026 08:16

O Departamento de Seguridade Nacional dos Estados Unidos (DHS) confirmou que o estudante español Santi Almarcha Senpau, detido o pasado 15 de novembro polo Servizo de Inmigración e Control de Aduanas (ICE) en Florida, conta cun antecedente por furto en comercios e recibiu a concesión dunha saída voluntaria do país, aínda que permanecerá baixo custodia migratoria ata que se materialice a súa expulsión.

Segundo traslada un portavoz do DHS, Almarcha Senpau, a persoa a que tachan de "inmigrante indocumentado procedente de España", foi arrestada durante un control de tráfico no condado de Suwannee, ao norte de Florida. Ademais, explican que o estudante entrou de maneira legal no país o 14 de xaneiro de 2026, pero fíxoo cun permiso de estadía temporal e por tanto excedeu o permiso permitido ao non abandoar o país antes do 14 de setembro deste mesmo ano. Así, precisan que o mozo seguirá recluído en dependencias do ICE á espera da súa saída do territorio estadounidense. 

O portavoz do DHS subliña que os inmigrantes ilegais con antecedentes penais non son benvidos nos Estados Unidos; neste organismo, destacan que actuacións como esta permitiron deter 400.000 migrantes en situación irrregular.

A confirmación da saída voluntaria por parte dos Estados Unidos chega despois da declaración feita polo ministro de Exteriores José Manuel Albares a respecto deste tema. Afirma que as autoridades españolas estiveron en contacto co estudante dende o primeiro momento e que ten toda a atención consular e toda a atención diplomática para que se produza a súa liberación o antes posible.

Ademais, confirmou que a embaixadora española en Washington, Ángeles Moreno Bau, falou este mércores cos pais e aseguroulles que o estudante está atendido o mellor posible. Así mesmo, describiu os máis de 2.700 euros e o voo que o ICE ofreceu ao rapaz para a súa deportación como unha oferta xenérica que fan as autoridades norteamericanas a todas as persoas que se atopan nunha situación similar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade