Publicador de contidos

Publicador de contidos

Exteriores reforza o persoal nos consulados para ter as listas da lei de netos

Exteriores reforza o persoal nos consulados para ter as listas da lei de netos

O ministerio que dirixe Albares tamén puxo ao seu dispor os cadros das Embaixadas

Torres pídelle ao Supremo que entre no fondo da lei antes das eleccións xerais

Albares esta semana nun acto en Madrid. EFE/ Rodrigo Jiménez Albares esta semana nun acto en Madrid. EFE/ Rodrigo Jiménez
G24.gal 24/10/2026 09:59 Última actualización 24/10/2026 13:56

O Ministerio de Asuntos Exteriores confirmou o reforzo de persoal dos consulados para cumprir co requirimento do Tribunal Supremo, que deu de prazo ata o 28 de outubro para facilitar as identidades das 163.020 persoas afectadas pola aplicación da lei de netos.

Segundo fontes do ministerio que dixire José Manuel Albares, autorizaron todas as solicitudes dos consulados para ampliar os cadros e puxeron ao seu dispor o persoal das Embaixadas para cumprir con esta tarefa.

"Tras o último auto, que establece un prazo, trasladóuselle a todos os consulados que é imperativo que entreguen os datos solicitados para cumprir con ese prazo", sinalaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade