Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esta madrugada atrasaremos os reloxos unha hora para adaptarnos ao horario do inverno

Esta madrugada atrasaremos os reloxos unha hora para adaptarnos ao horario do inverno

Ás tres da madrugada volverán ser as dúas

O cambio horario pode afectar temporalmente ao estado de ánimo

G24.gal 24/10/2026 14:37

Esta noite poderemos durmir unha hora máis. Ás tres serán as dúas e entraremos oficialmente no horario de inverno. Atrasamos o reloxo cada outono e sempre xorde o debate sobre como nos afecta.

O cambio horario estacional vén acompañado de días cada vez máis curtos e altera os nosos ritmos circadianos. O noso organismo funciona cun reloxo interno que responde, entre outras cousas, á luz natural. Por iso, o cambio pode afectar temporalmente o descanso ou a sensación de cansazo nalgunhas persoas. A adaptación pode levar varios días. 

Os especialistas recomendan manter horarios regulares para durmir e aproveitar a luz da mañá sempre que sexa posible. Tamén utilizar as comidas como aliadas neste reaxusre interno.

"Debemos tratrar de facer xa a comida do domingo na hora de sempre. Aínda que ese primeiro día non haxa tanto apetito a esa hora, tratar de ser estritos e colocar os momentos das comidas nos horarios habituais", explica Asís Garrido, director de fisioterapia de EZEN Saúde e Rendemento.

O debate sobre a posible eliminación dos cambios de hora estacionais segue aberto na Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade