Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este sábado cambiamos ao horario de verán: ás dúas serán as tres da madrugada

Este sábado cambiamos ao horario de verán: ás dúas serán as tres da madrugada

O cambio de hora remóntase a comezos do século XX, durante a Primeira Guerra Mundial cando varios países europeos comezaron a aplicar esta medida para aforrar combustible e optimizar as horas de luz

En España o horario de verán adoptouse de xeito intermitente dende 1918, pero non foi ata 1974 que se implantou definitivamente

O cambio de hora afecta á nosa saúde, o desaxuste do reloxo biolóxico conleva fatiga, irritabilidade ou falta de apetito

 

 

G24.gal 28/03/2026 14:31 Última actualización 28/03/2026 15:08

Malia que a maioría agradece as horas de luz extra que nos trae o horario de verán, o certo é que está demostrado que o cambio afecta a nosa saúde. O desaxuste do reloxo biolóxico conleva fatiga, irritabilidade ou falta de apeito, sobre todo nas primeiras semanas mentres non nos afacemos.

"Si que nos afecta porque transtorna moitísimo o sono, a parte de que che altera a túa rutina. Os nenos nótano, os maiores tamén..."

"Afectalle sobre todo ao neno, que lle custa máis adaptarse."

O cambio de hora instaurouse hai máis dun século en Europa, durante a Primeira Guerra Mundial, para aforrar combustible e optimizar as horas de luz. A día de hoxe os expertos coinciden que eses aforro é mínimo ou mesmo inxistente. E xorde o debate sobre se establecer un horario fixo e con cal quedar.

"Estaría ben que puñesen un horario para sempre."

"Si, que sigan como están, cambiando a hora."

"Esto moi mal, deberan deixar unha hora fixa. Unha hora fixa porque esto non sei o que é, para os obreiros ou os nenos que teñen que madrugar máis..."

"Non sei se é que valoran o tema de economizar ou non, non sei a quén lle beneficia eso, pero dende logo a nós non."

"Non sei cal sería o horario bo. Porque o horario bo para aquí non vai ser o horario bo para Baleares."

Unha decisión que implica consenso entre os países para evitar desaxustes. Independentemente do que se decida no futuro, o certo é que a entrada do horario de verán vainos roubar esta noite unha hora de descanso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade