Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas 500 persoas visitan os talleres de mantemento de Renfe en Galicia

Unhas 500 persoas visitan os talleres de mantemento de Renfe en Galicia

A xornada de portas abertas enmárcase nas celebracións do Día do Tren que se conmemora o 28 de outubro

O obxectivo é achegar o traballo destes centros á sociedade e dar visibilidade ao seu cadro de persoal

G24.gal 24/10/2026 14:33 Última actualización 24/10/2026 15:36

Unhas 500 persoas visitaron este sábado dous dos centros de enxeñería e mantemento que Renfe ten en Galicia, o de Redondela e o de Ourense, para coñecer de preto o seu traballo.

Esta xornada de portas abertas, que se desenvolveu nun total de nove centros de toda España, enmárcase nas celebracións do Día do Tren, que se conmemora o 28 de outubro.

A infraestrutura da base de Redondela veu do antigo taller de Vigo-Urzáiz. Aquí repáranse e revísanse os tren de alta velocidade da serie 121, os que prestan o servizo de media distancia e Avant no corredor Atlántico.

"Que son de eixo variable e poden circular tanto polas vías de ancho convencional  como polas vías de ancho IC, o da alta velocidade, e a tecnoloxía e os equipamentos que temos para facer o mantemento e reparacións somente os hai neste taller de Redondela. Noutros tallere non dispoñen destos equipamentos. Os visitantes que participan poden ver a contribución dos profesionais, as labores de mantemento e a fiabilidade, a seguridade e o confort dos trens", conta a TVG Santiago García, o xerente de Enxeñería e Mantemento na área territorial Norte.  

Durante as visitas guiadas con persoal do taller, que se cubriron hai días, aprenderon que aquí non hai descanso. Os 365 días do ano, en tres quendas, mañá tarde e noite, repáranse avarías e fanse as revisións de mantemento preventivas e rutinarias.

Entre as persoas asistentes, había moita rapazada e xente namorada do transporte ferroviario. Tamén no centro de Ourense todas as quendas estaban cheas de público interesado en coñecer as tripas dos trens.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade