Publicador de contidos

Publicador de contidos

Encontro de apicultores en Chantada para compartiren coñecementos sobre a velutina

Encontro de apicultores en Chantada para compartiren coñecementos sobre a velutina

A tecnoloxía xoga un papel importante, con dispositivos para detectar niños agochados

G24.gal 24/10/2026 13:33

O auditorio de Chantada acolle este sábado o cuarto congreso da velutina. Xúntanse técnicos, investigadores e apicultores para tratar de buscar métodos eficaces que, se non lograr erradicar a vespa asiática, axuden a mitigar a súa incidencia.

"Hai dispositivos ou tecnoloxías que servirían para detectar niños e saber outros comportamentos e distancias, tempos de ir e vir desde os niños, as saídas. Moitas cousas que son importantes para a investigación", declara José María Bello, apicultor e directivo da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

O control das velutinas é fundamental porque estas vespas representan un risco medioambiental. Acaban coas abellas, minguan a produción de viño e de froita. Coa varroa, o cambio climático e os incendios, os apicultores din que están abocados a desaparecer.

"Sobre todo, nós os apicultores, que temos as colmeas bloqueadas agora mesmo por esta vespa que non deixa saír as abellas para fóra, que teñen que conseguir alimento para o inverno e iso significa que os apicultores temos que gastar diñeiro para alimentar esas colonias", explica Marita Puga, presidenta da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

As vespas son tamén un problema para a seguridade cidadá e a saúde pública, sobre todo para as persoas que realizan traballos forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade