Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sofre unha descarga eléctrica ao retirar un niño de velutina en Vilalba

Sofre unha descarga eléctrica ao retirar un niño de velutina en Vilalba

A pértega para retirar a colonia dunha torre de media tensión fixo contacto cos cables e a vítima recibiu un impacto de 20.000 volts

O niño de avespas asiáticas continúa no alto da torre
Félix Aragunde. Imaxe: Lucía Carballo. 16/10/2026 14:04

Un empregado dunha empresa coruñesa especializada na retirada de niños de velutina resultou ferido cando estaba a traballar na parroquia de Lanzós, en Vilalba. Trátase dun mozo de 28 anos, que sufriu unha forte descarga eléctrica. Ao facer contacto a súa pértega cun cable de media tensión, recibiu un impacto de 20.000 voltios que alertou a veciñanza.

Ata o lugar desprazouse de inmediato unha ambulancia da Cruz Vermella con sanitarios do PAC de Vilalba, que atenderon a vítima do suceso.

"Á nosa chegada estaban os veciños atendendo nel, e fíxoselle a primeira valoración por parte do médico e mais da enfermeira do PAC de Vilalba. Estaba consciente, pero atordado", sinala Iván López, técnico de emerxencias da Cruz Vermella de Vilalba. 

Posteriormente, o traballador ferido foi derivado a unha ambulancia do 061. Conduciuno, á súa vez, ata o HULA, onde ingresou con prognóstico reservado. 

"Seguidamente, trasladamos o paciente, co persoal médico, ao punto de transferencia coa ambulancia medicalizada do 061, entre Lanzós e Vilalba. Valoraron o seu estado e decidiron trasladado ata o hospital de Lugo", engade o técnico da Cruz Vermella. 

Mentres, o niño de velutina permanece na torre de media tensión de Lanzós, á espera de ser retirado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade