Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector forestal galego xera o 60 % da madeira de España

O sector forestal galego xera o 60 % da madeira de España

A xestión dos montes achega beneficios aos propietarios e axuda a previr incendios

O sector xera 20.000 empregos directos e 50.000 indirectos

G24.gal 16/10/2026 14:33

Galicia conta con dous millóns de hectáreas de zonas forestais. Un terzo delas están abandonadas e os expertos inciden na importancia de agrupar os pequenos propietarios para xestionar as terras e xerar valor.

"Si se traballa o monte redúcese o risco de incendios e tamén é moi importante para o propietario identificar a súa parcela", explica Xosé Covelo da Asociación Forestal de Galicia.

"A madeira ten moitos beneficios fronte a outros recursos do rural e é que a podemos vender cando o prezo está alto", sinala José Manuel Iglesias, presidente do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia.

Son moitos e moi variados os usos da madeira, dende celulosas e taboleiros ata fiestras e vigas, e gaña terreo a construción.

"Da nosa fábrica vai moito para rehabilitación pero doutras saen uns taboleiros para construción e realmente ten un valor importante", comenta Daniel Villapol, da empresa Maderas Villapol.

Galicia xera o 60 % da madeira de España. Achega beneficios aos propietarios e ao ecosistema, e ten un importante rendemento económico.

"Hoxe estamos aproximadamente nos 2.500.000 de euros facturados, temos un 2 % do PIB de Galicia e xeramos uns 20.000 empregos directos e uns 50.000 indirectos", explica Mari Carmen Gayoso, presidenta de LugoMadera.

Agrupar propietarios, repoboar e formar profesionais son as claves de futuro dun sector estratéxico moi vinculado ao rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade