Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os produtores botan contas coa nova medida que permite plantar eucaliptos nunhas leiras a cambio de retiralos doutras

Os produtores botan contas coa nova medida que permite plantar eucaliptos nunhas leiras a cambio de retiralos doutras

A medida busca aproveitar mellor o monte e liberar espazos protexidos

 

G24.gal 20/10/2026 14:25

A madeira entra en escena como parte da resposta ao problema da vivenda. Hai empresas que xa levantan casas con este material. E o sector di que deben ser máis, porque segundo o presidente da Fundación Arume "a construción na Península Ibérica en madeira está en arredor dun tres por cento, en Francia, Alemaña ou nos países nórdicos oscila entre un oito e un doce. Non cabe dúbida de que debe subir, pero para iso deben activarse políticas públicas".

Mentres tanto, no monte, os produtores botan contas. A nova modificación legal permítelles mover o cen por cento dunha plantación de eucalipto a outra parcela súa. Un cambio que lles dá marxe para reorganizar parcelas e traballar en terreos máis rendibles.

Segundo o director da Asociación Forestal de Galicia, o que se está propoñendo é volver á situación que xa había antes, e que era unha situación de dereito que tiña ese propietario de eucalipto nese momento. 

"Se tes unha hectárea, segues tendo a mesma hectárea. O fondo da moratoria é non aumentar de maneira descontrolada a superficie de eucalipto onde antes non había, porque aquí xa había eucalipto", di.

O sector forestal galego factura máis de 2.500 millóns ao ano e dá emprego a máis de 20.000 familias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar