Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os donos de piñeirais poden solicitar os tratamentos de balde contra os fungos das bandas

Os donos de piñeirais poden solicitar os tratamentos de balde contra os fungos das bandas

As bandas causan graves danos nos piñeiros, ata poden ser letais

Os tratamentos son en base a abonos foliares e buscan que o piñeiro teña moita vitalidade

Os propietarios particulares teñen que chamar á Fundación Arume e dar unha serie de datos

G24.gal 21/07/2026 14:28

A proliferación das bandas vermella e marrón preocupa no sector forestal polos danos que está a causar nos piñeirais.

"As bandas dos piñeiros son enfermidades fúnxicas que afectan sobre todo os piñeiros, ás acículas. O fungo deposítase nesa folla e acaba necrotizando e provocando a morte desas acículas. Se os ataques son reiterados, poden chegar a causar a morte do piñeiro", conta Carlos Iglesias, que colabora coa Fundación Arume.

Por iso, organizaron unha campaña para que os propietarios poidan acceder de balde aos tratamentos."Os propietarios particulares teñen que chamar á Fundación Arume e dar unha serie de datos, que son nome, apelidos, DNI, contacto e referencias catastrais, idade das árbores e especie", explica Iara Brea, outra colaboradora da Fundación Arume.

Logo, en función das áreas prioritarias, fan os tratamentos."Os tratamentos son en base a abonos foliares e buscan que o piñeiro teña moita vitalidade. É como unha persoa. Se ten unha enfermidade e está moi forte, é capaz de superar esa enfermidade", explica Carlos Iglesias.

Xa realizaron os tratamentos en bastante superficie. "Na Fundación Arume debemos de recoller sobre 6.000 hectáreas. Tratouse máis ou menos a metade. E despois montes de xestión pública debeuse de tratar sobre 7.000 hectáreas. Un total, máis ou menos, de 10.000 hectáreas", di Iara Brea.

Tamén é importante o manexo silvícola. Deixar espazo entre as árbores fai que estean máis aireadas e dificulta o desenvolvemento dos fungos.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos