Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores do sector forestal padecen a taxa de sinistralidade máis alta

Os traballadores do sector forestal padecen a taxa de sinistralidade máis alta

Expertos avogan por unha normativa de prevención de riscos específica para estes traballos

G24.gal 14/08/2026 14:07

Segundo datos do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde, o sector forestal é o que rexistra a maior taxa de sinistralidade por accidente con baixa. Mesmo por enriba da construción e da industria.

Os expertos atribúeno a diversos factores. Á elevada temporalidade, á atomización das empresas ou á dispersión, súmanse os riscos dispares aos que se enfrontan nestes traballos.

Desde a propia maquinaria que usan ata o tipo de terreo, as condicións climatolóxicas ou o uso de produtos fitosanitarios. Para reducir esta sinistralidade, cren imprescindible que o sector conte cunha normativa específica, xa que rexe pola mesma que un bar ou unha tenda de roupa.

Outra das grandes carencias do sector é a falta de formación, especialmente os traballadores estranxeiros.

Os expertos avogan porque se aproveite o capital humano das facultades de enxeñería forestal galegas tanto para controlar os procedementos no monte como na formación.

As características da actividade forestal fan tamén difícil o traballo de inspección pola dispersión, a dificultade dos accesos e a gran mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade