Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os edificios híbridos no camiño cara unha construción sostible

Os edificios híbridos no camiño cara unha construción sostible

Galicia lidera o desenvolvemento dos sistemas de construción híbridos que usan a madeira e o formigón para ter edificios máis sostibles e eficientes 

Un modelo que usan, e con éxito,  desde hai anos noutros países europeos, como Austria

 

G24.gal 11/11/2026 13:21

Galicia avanza na construción sostible. O 20 por cento das novas vivendas públicas xa usan a madeira na súa estrutura. 

 "Madeira en todos os seus usos, calquera expresión da madeira na vivenda, e que mesmo pode contribuír a paliar o problema do acceso á vivenda", explica Xosé Mera, da Fundación Arume.

Xa se están a desenvolver sistemas construtivos híbridos, que combinan a lixeireza e o illamento da madeira coa resistencia do formigón. 

 "Uns sistemas que van ter un longo percorrido en Galicia que pode ser un referente no seu uso", di Daniel Hermosilla, CEO de Prefabricados Rodiñas.

É un modelo que xa usan en Austria, referente nese tipo de construción. Un dos seus exemplos é o Hoho, este edificio de 84 metros e 24 plantas que hoxe visitaba a conselleira de Industria.

"É fundamental coñecer de primeira man estas experiencias, onde se emprega a madeira que é un recurso fundamental en Galicia que queremos industrializar", di a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

O resultado da combinación son construcións máis lixeiras, sostibles e máis eficientes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade