Publicador de contidos

Publicador de contidos

O paro é case total na automoción en Galicia e tamén en Navantia Ferrol, segundo a CIG

O paro é case total na automoción en Galicia e tamén en Navantia Ferrol, segundo a CIG

A central nacionalista sinala que a folga xeral arrincou na nosa comunidade cun amplo seguimento na industria e nos servizos urbanos

A CIG denuncia unha actuación policial "desproporcionada" en cidades como Lugo

Seguimento da folga xeral en Vigo, segundo imaxes enviadas polo sindicato CIG Seguimento da folga xeral en Vigo, segundo imaxes enviadas polo sindicato CIG
G24.gal 11/11/2026 07:30

A Confederación Intersindical Galega (CIG) asegura que a folga xeral, a primeira convocada en 14 anos, rexistra un amplo seguimento na industria e nos servizos urbanos durante a primeira quenda da noite.

Segundo o sindicato nacionalista, a actividade nocturna freosue case ao completo na automoción de Vigo e O Porriño, unha presenza puramente testemuñal en plantas como BorgWarner Zamáns; onde, de 152 traballadores, só asistiron 3 mandos e 8 operarios. O seguimento tamén é salientable en factorías como Pescanova Chapela e na farmacéutica Cofano; tampouco houbo actividade na quenda nocturna de Navantia en Ferrol e houbo un parón relevante durante a noite no centro loxístico de Zara.

O servizo de recollida do lixo está totalmente paralizado en Vigo, na cidade da Coruña e nos municipios do Consorcio das Mariñas.

A central sostén que, desde o inicio do paro, despregáronse piquetes informativos nos polígonos e factorías das principais cidades e pobos do país e denuncia unha actuación policial "desproporcionada" con identificacións a integrantes do piquete nas instalacións de Ecolugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade