Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove países europeos preparan unha denuncia contra A China por fabricar cadaleitos por baixo do seu valor real

Nove países europeos preparan unha denuncia contra A China por fabricar cadaleitos por baixo do seu valor real

A diferenza entre mercar un ataúde fabricado en España e outro feito en Galicia pode rozar os 200 euros

Interior dunha empresa de fabricación de ataúdes
G24.gal 10/11/2026 16:51 Última actualización 10/11/2026 17:21

Nove países europeos, entre os que se atopa España, están a preparar unha denuncia contra China por fabricar cadaleitos por baixo do seu valor real, a cal será presentada ante a Comisión Europea.

Desta maneira, a diferenza entre mercar un féretro fabricado en España e outro feito na China pode rozar os 200 euros.

En consecuencia, unha cuarta parte das empresas europeas destinadas á fabricación de ataúdes pechou nos últimos cinco anos. É o caso do concello de Piñor (Ourense) no que operaban trece empresas neste sector e, actualmente, só quedan nove.

Ante isto, José Luís González Rodríguez, un dos fabricantes de ataúdes que aínda quedan neste concello afirma que se trata dunha "competencia desleal" por parte do país asiático. 

Ademais, os países europeos que se encargan de preparar a denuncia tamén sosteñen que A China non sempre respecta a normativa europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade