Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan as primeiras sentenzas co aumento das indemnizacións polo cártel dos coches

Chegan as primeiras sentenzas co aumento das indemnizacións polo cártel dos coches

O Tribunal Supremo sobe do 2 % ao 5 % a compensación para os afectados polos sobreprezos

Avogados de toda España reactivan milleiros de demandas contra as 23 marcas condenadas

G24.gal 10/11/2026 14:39

Unha caravana de demandas circula cara aos xulgados do Mercantil.

O Tribunal Supremo resolveu aumentar do 2 % ao 5 % as indemnizacións ás que teñen dereito os afectados polo coñecido como 'cártel dos coches' e agora despachos de avogados de toda España reactivan milleiros de demandas que tiñan pendentes. Son de persoas que mercaron automóbiles entre 2006 e 2013 e que, tal como acreditou a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, pagaron de máis porque 23 marcas acordaran unha estratexia comercial común para non facerse competencia real.

"Non é só o dano. É o dano máis os xuros dende o momento da compra do vehículo. E ás veces, xa pasou noutros casos, o importe dos xuros é superior ao do dano", explica Juan Camacho, avogado do despacho de BGI Law en Vigo.

E xa están chegando as primeiras novas sentenzas que recollen ese incremento nas compensacións.

A decisión do Supremo senta xurisprudencia así que os xulgados do Mercantil xa poden recoller o novo baremo do cinco por cento.

"Parece que se está a xeneralizar, tamén no cártel dos camións, que levamos moitos casos, fixouse un cinco por cento. Entendemos que é suficiente e razoable", asegura Antonio Heredero, de BGI Law.

A Comisión da Competencia calcula que as marcas condenadas puideron vender case oito millóns de coches con prezos inflados, sen competencia real. O prazo para presentar novas demandas remata o 1 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade