Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecido o Feve entre Ribadeo e Viveiro tras a caída dun coche á vía

Restablecido o Feve entre Ribadeo e Viveiro tras a caída dun coche á vía

Ocorreu nun viaduto de Cervo onde xa se rexistraron polo menos cinco accidentes de similares características nos últimos anos

Un técnico do Adif revisa o estado da vía logo do sinistro
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas e David Barreiro. 10/11/2026 14:00

A caída dun coche en Cervo ao pé da vía do Feve provocou a interrupción do tráfico ferroviario entre Viveiro e Ribadeo. Tras precipitarse dende unha altura duns cinco metros, o condutor foi trasladado en ambulancia ao Hospital da Mariña, en Burela. Ata o lugar tamén acudiron efectivos da Garda Civil e mais os bombeiros do parque viveirense. 

"O que nos comunica o 112 é que, como consecuencia dunha saída de vía, hai un precipitado na vía do tren e unha persoa ferida que require asistencia. Ante isto, a dotación sae cara ao punto, e ao chegar os sanitarios xa conseguiran polos seus medios evacuar a vítima, que non estaba atrapada", sinala José Antonio Veiras, sarxento dos bombeiros de Viveiro. 

O punto onde se produciu o accidente, próximo ao límite con Burela, é especialmente conflitivo. De feito, trátase xa polo menos do quinto sinistro de similares características que atenderon os servizos de emerxencias no mesmo lugar nos últimos quince anos. 

"Revisando o historial, temos constatadas cinco intervencións neste punto, ás que nós acudimos. Que se trata dun punto conflitivo é un feito", engade o xefe de bombeiros. 

Precisamente, as barreiras do viaduto desta estrada provincial estaban a piques de ser substituídas por outras novas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade