Cargando resultados...
Un roubo de cable interrompe a circulación ferroviaria entre Xuvia e Ortigueira
Adif facía esta comunicación ás 10:07 horas deste domingo na súa conta @InfoAdif
Adif non informou aínda de cando podería estar restablecido o servizo
Estación de Xuvia. Arquivo
G24.gal
08/02/2026 12:51
Un roubo de cable interrompeu a circulación de trens no tramo entre as localidades coruñesas de Xuvia e Ortigueira este domingo, segundo comunicou Adif a través do seu perfil na rede social X
Debido a un robo de cable entre Xuvia y Ortigueira (ancho métrico) está interrumpida la circulación entre este tramo.
— INFOAdif (@InfoAdif) February 8, 2026
Adif facía esta publicación ás 10:07 horas deste domingo na súa conta @InfoAdif e de momento aínda non comunicou sobre cando podería estar restablecido o servizo.