Publicador de contidos

Publicador de contidos

A construción industrializada acurta un 60 % a duración das obras

A construción industrializada acurta un 60 % a duración das obras

Preséntase como a mellor opción para aumentar con celeridade o parque de vivenda pública

G24.gal 01/10/2026 14:11

Levantar un edificio de cincuenta vivendas leva só entre catro e cinco meses, con construción industrializada. Ensámblase material que vén xa preparado de fábrica: fachadas, cubertas, pero agora tamén balcóns.

"Colgamos uns tirantes das vigas superiores e ancoramos unhas bandexas de chan galvanizado que son o chan do balcón. A vantaxe é que con moi poucos medios, sen andamios e con só tres operarios podemos montar ata 40 balcóns nunha semana", explicou Santiago Sánchez, arquitecto da obra.

O sistema, que serve tamén para engadir balcóns a vivendas que non os teñan, foi desenvolto en Galicia e instálase por primeira vez nestas vivendas públicas. 

"Son vivendas públicas destinadas ao alugueiro social, aquí en Xuxán, na Coruña. Xa temos os futuros inquilinos. O tempo da construción industrializada axiliza a entrega, porque permite simultanear procesos. Mentres fas o oco dos sotos ou dos garaxes podes estar facendo en nave a estrutura ou a fachada", explicou María Martínez Allegue, a conselleira de Vivenda.

A construción industrial é máis ecolóxica e permite menos penosidade no traballo dos obreiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade