Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reivindica a madeira galega como solución clave para o problema da vivenda

Rueda reivindica a madeira galega como solución clave para o problema da vivenda

Díxoo na inauguración do VI Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal Piñeiros 26 en Santiago

Alfonso Rueda lembra o compromiso do goberno galego para que o 20 % das novas edificacións públicas autonómicas empreguen a madeira na súa estrutura

G24.gal 20/10/2026 12:05

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este martes o papel clave da madeira como unha aliada estratéxica para a construción e a rehabilitación de vivenda. Tamén anticipou que a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) incrementará o seu orzamento no ano 2027 -máis dun 35 %-, ata alcanzar os 33 millóns de euros.

Na súa intervención no VI Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia Piñeiros 26, organizado pola Fundación Arume na Cidade da Cultura e na que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, o titular do Executivo autonómico subliñou que Galicia "conta co recurso natural, co coñecemento e co talento" necesarios para liderar esta transformación.

Neste sentido, Rueda lembrou que a Xunta mantén o compromiso de dar exemplo desde o sector público fixando como obxectivo que, progresivamente, o 20 % das novas edificacións autonómicas utilicen madeira na súa estrutura.

"Unha axuda única en España e pioneira en Europa promovida polo Goberno galego, que desde o ano 2020 xa mobilizou máis de 14,3 millóns de euros para incentivar o uso estrutural da madeira na edificación", resaltou o presidente.

Para "dar un impulso decidido a toda a cadea de valor e industrialización do monte", o presidente anticipou que a Axencia Galega dá Industria Forestal (XERA) incrementará o seu orzamento no ano 2027 -máis dun 35%-, ata alcanzar os 33 millóns de euros.

Este esforzo orzamentario busca consolidar un sector fundamental para a economía galega, que "factura máis de 2.500 millóns de euros ao ano, conta con máis de 3.300 empresas e sostén o emprego a unhas 20.000 familias".

O titular do Goberno galego referiuse tamén a outros eixos prioritarios para o futuro do monte, entre os que destacou a loita contra o minifundismo con máis de 2,7 millóns de euros para as agrupacións forestais de xestión conxunta, a valoración das coníferas e á marca Pino de Galicia.

Tamén aludiu ao fomento da prevención de incendios e da ordenación do territorio a través do anteproxecto da futura Lei de loita contra os incendios forestais ou axudas contra o abandono da terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade