Publicador de contidos

Publicador de contidos

A costa de Lugo, tamén refuxio climático para a vespa velutina

A costa de Lugo, tamén refuxio climático para a vespa velutina

SEAGA recolleu este ano o triplo de niños ca durante o 2025

G24.gal 18/09/2026 14:31 Última actualización 18/09/2026 14:47

A presenza de avespa velutina este verán na Mariña lucense foi especialmente intensa. Os técnicos da Xunta retiraron máis de 900 niños este ano, o triplo que durante 2025. E iso sen contar os que destrúen os servizos de bombeiros e os apicultores. 

A ausencia durante esta primavera do nordés que tanto refresca as temperaturas na costa de Lugo e que forma as mestas néboas entre Abadín de Mondoñedo, propiciou un clima ideal para a formación de niños de avespa asiática. Con temperaturas suaves e abundante floración, este ano os niños aparecían como cogomelos.

"O clima é o que máis inflúe", explica Martín Martínez, director xerente da empresa pública SEAGA. "Durante os meses frios iverna nos muros e na primavera, cando emerxe,  as temperaturas son determinantes".

"Este ano veu boa primavera e un verán bo e proliferou moito e moi cedo", di un apicultor de Mondoñedo.

Os técnicos do SEAGA retiraron preto dun milleiro de niños, unha cifra moi superior á de anos anteriores. 

"Este ano retiráronse na Mariña tres veces máis niños ca o ano pasado", asegura Martín Martínez.

E iso sen contar os que destrúen os bombeiros comarcais e os apicultores. Un pesadelo para eles. Só en Mondoñedo retiraron case un cento. Seguido de preto na serie por Foz e Ribadeo.

O primeiro niño de velutina foi detectado no porto de Burela no 2012. E aquí seguen. Sen depredadores naturais e con clima favorable, as velutinas atoparon na costa de lugo, coma os turistas, o seu propio refuxio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade