Publicador de contidos

Publicador de contidos

Á caza das velutinas en Narón

Á caza das velutinas en Narón

As altas temperaturas provocaron un adianto na actividade da avespa velutina

Os bombeiros actúan pola noite e con distintas técnicas para acabar cos niños

G24.gal 29/05/2026 14:08

En canto reciben un aviso, os bombeiros de Narón desprázanse ao lugar para realizar unha primeira inspección. Se o que atopan é un niño de avespa común, empregan insecticida. Pero se confirman que o que hai son velutinas, prepáranse para actuar pola noite.

"Traballamos cunha luz vermella porque as avespas non a detectan e evitan que se poñan nerviosas. Amais, pola noite, sempre regresan ao niño e así xa conseguimos a extracción ao cen por cento", explica Ismael García García, sarxento en funcións do parque de bombeiros de Narón. 

E para facelo traballan con distintas técnicas. 

"Para os niños que se atopan moi altos ou en zonas de difícil acceso, empregamos unha escopeta de aire comprimido con cápsulas de veleno conxelado. Outra das técnicas máis comúns é o insecticida  e tamén empregamos pérgolas crematorias", engade García.

E así actúan tanto en zonas rurais como urbanas. 

"No núcleo urbano imos a todo. No rural, aos niños que están a menos de cincuenta metros dunha vivenda", di o sarxento.

No que vai de ano realizaron xa 40 intervencións deste tipo, a meirande parte delas, no último mes e medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade