Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta declara a alerta amarela por calor este sábado no interior de Pontevedra

A Xunta declara a alerta amarela por calor este sábado no interior de Pontevedra

En total, son 16 os municipios afectados 

A calor alongarase polo menos ata o mércores da semana vindeira 

 

Unha muller nunha fonte pública da Caniza, un dos concellos en alerta amarela este sábado. Adrián Irago/Europa Press (Arquivo) Unha muller nunha fonte pública da Caniza, un dos concellos en alerta amarela este sábado. Adrián Irago/Europa Press (Arquivo)
G24.gal 18/09/2026 16:59

A Xunta declarou a alerta amarela por episodio de calor, o terceiro nivel de gravidade, en dezaseis municipios do interior de Pontevedra para este sábado.

Os municipios afectados son Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, indicou a Consellería de Sanidade nunha nota.

Aire cálido desde o sur polo menos ata o mércores 

As previsións de Meteogalicia indican que, a partir do sábado as altas presións localizaranse ao norte da Península Ibérica, onde quedarán situadas ata polo menos o mércores.

Desde esa posición, impedirán que cheguen influencias atlánticas e atraerán aire cálido desde o sur, o que deixará ceos despexados, vento en calma e temperaturas elevadas nos próximos días.

 

Grupos de risco: maiores de 65 anos e menores de 4

Os principais grupos de risco son os maiores de 65 anos e menores de catro anos, especialmente menores dun ano; persoas con patoloxías como enfermidade cardiovascular, diabetes ou insuficiencia renal; medicados con fármacos como diuréticos; maiores que viven sós e persoas en risco; persoas con exceso de peso ou peso excesivamente baixo, e quen pasa varias horas en exteriores.

A Xunta emitiu varias recomendacións, tales como beber máis líquidos sen esperar a ter sede, evitar comidas copiosas e bebidas quentes ou alcohólicas, usar roupa fresca e protector solar, e permanecer en espazos ventilados e á sombra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade