Ourense achégase aos 38 graos nunha xornada con oscilacións térmicas de ata 26 graos
Cámara web móbil da CSAG situada no centro comercial Ponte Vella
Con 37,8 graos, a cidade de Ourense volveu marcar este luns a temperatura máxima de Galicia. Vilamartín de Valdeorras chegou a 37,2, A Arnoia a 37,1 e Leiro a 37. Todo iso nunha xornada con alerta amarela por calor en gran parte da provincia ourensá e no sur da de Lugo.
Pola contra, as mínimas foron tamén moi baixas nalgúns puntos, con oscilacións térmicas de ata 26 graos. Entre as máxima do domingo e as mínimas deste luns hai diferenzas de ata 26 graos, tal e como ocorre en Ordes (mínima 9 e máxima de 35).
Calvos de Randín marcou a mínima de Galicia, con tan so 5,8 graos. En Xinzo de Limia tiveron 8,3 graos de mínima e en Guitiriz 8,8.
Así, MeteoGalicia indica que se comeza a semana con anticiclón e aire cálido. Entrementes, unha fronte pouca activo chegará a Galicia este martes, 15 de setembro, pola mañá, cun aumento de nubes e un notable descenso das temperaturas.