Alerta amarela por calor en Ourense e no sur de Lugo, con oscilacións térmicas de ata 26 graos
As máximas estarán arredor dos 36 graos no sur e noroeste de Ourense, así como sur de Lugo
Por altas temperaturas teñen activados avisos Sevilla, Asturias, Cantabria, Xirona, Badaxoz, Cáceres, Lugo e Ourense
Cámara web móbil da CSAG situada no centro comercial Ponte Vella
Gran parte da provincia de Ourense e o sur da provincia de Lugo se encuentan este luns baixo unha alerta amarela por calor da Axencia Estatal de Meteoroloxía. En concreto, prevense ata 38 graos na zona do Miño en Ourense. As máximas estarán ao redor dos 36 graos no sur e noroeste de Ourense, así como sur de Lugo.
Mentres, MeteoGalicia subliña que hai "moita oscilación térmica" en Galicia. Pois entre as máxima do domingo e as mínimas deste luns hai diferenzas de ata 26 graos, tal e como ocorre en Ordes (mínima 9 e máxima de 35).
Así, MeteoGalicia indica que se comeza a semana con anticiclón e aire cálido. No entanto, unha fronte pouca activo chegará a Galicia este martes, 15 de setembro, pola mañá, cun aumento de nubes e un notable descenso das temperaturas.
Previsión estatal
As temperaturas volverán subir este luns na metade nordeste peninsular e nos arquipélagos, con aumentos localmente notables nalgunhas zonas de Galicia e a área cantábrica, e alcanzaranse os 38 graos en Asturias, Badaxoz, Ourense e algunhas zonas de Andalucía, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía.
De feito, por altas temperaturas teñen activados avisos Sevilla, Asturias, Cantabria, Xirona, Badaxoz, Cáceres, Lugo e Ourense. Ademais, en Cádiz está en situación de risco por ondada e vento.
As temperaturas máximas ascenderán na metade nordeste peninsular e nos arquipélagos, podendo facelo de forma localmente notable no nordeste de Galicia e a área cantábrica, con poucos cambios no resto e algúns descensos en puntos do oeste de Galicia e Alborán.
Superaranse os 35 graos en amplas zonas da vertente atlántica sur e nas illas Canarias orientais, sen descartalo localmente en Galicia e nas depresións do nordeste e do Cantábrico. Entre as capitais de provincia, destacan os 39 graos previstos en Badaxoz e Ourense, os 38 de Sevilla e os 37 de Córdoba. Madrid alcanzará os 34 graos.