Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis dun cento de concellos galegos teñen restricións de auga pola seca

Máis dun cento de concellos galegos teñen restricións de auga pola seca

Un total de 75 municipios están en situación de prealerta e 32 en alerta

As previsións meteorolóxicas non anticipan precipitacións para os vindeiros días

G24.gal 12/09/2026 22:37 Última actualización 12/09/2026 23:03

Logo dun verán excepcionalmente cálido e seco a escaseza de auga estase a converter nun problema en moitos puntos da xeografía galega. A día de hoxe a seca afecta a máis dun cento de concellos: hai 75 en prealerta e 32 están xa en alerta.

Nestes municipios xa adoptaron medidas como as restricións de encher piscinas, regar xardíns ou baldear rúas. E tamén é importante que a veciñanza se conciencie do seu papel para evitar que a situacion empeore. Son pequenos xestos que poden achegar moito.

"Non se pode lavar un coche, non podes encher a piscina chea... hai que aforrar".

"Temos auga de momento, non moita, pero hai que andar con coidado con ela, porque a mina nunca secou, pero pode secar".

"Nós temos pozo, per procuramos non pasarnos".

"Non gastanos auga, o céspede está seco, non regamos."

Xestos que van ser cada vez máis necesarios porque a previsión meteorolóxica apunta a que as tan necesarias precipitacións non han chegar, cando menos na vindeira semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade