Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos espremen o verán e enchen as terrazas, as praias e os paseos das Rías Baixas

Os galegos espremen o verán e enchen as terrazas, as praias e os paseos das Rías Baixas

Segundo os bañistas este verán 2026 non rematará o mércores 23 de setembro senón ata que o sol e a calor deixen de provocar ir á praia ou pasear sen camiseta

G24.gal 13/09/2026 14:17

Poucos días para que remate oficialmente, pero semella que ninguén está disposto a aceptalo. O verán marcha, aínda que praia, terrazas e festas seguen cheas. Será que os galegos queremos seguir alongando o verán unhas semanas máis.

En Samil a imaxe non é a dun areal ateigado de xente como en agosto pero este domingo, con este sol e máis de trinta graos sen vento nin brisa volve haber moita xente. Menos turistas, aínda que algún queda e moitos e moitas de preto que alongarán o verán, cóntannos, ata que o sol e a calor non dean máis de si.

Segundo os bañistas cos que falamos no paseo de Samil, nas Rías Baixas, este verán 2026 non rematará o mércores 23 de setembro senón ata que o sol e a calor deixen de provocar ir á praia ou pasear sen camiseta.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade