Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous mozos feridos en senllas agresións nas festas de Conxo, en Santiago

Dous mozos feridos en senllas agresións nas festas de Conxo, en Santiago

Buscan testemuñas e vídeos do sucedido

Os dous feridos precisaron atención médica no hospital compostelán Os dous feridos precisaron atención médica no hospital compostelán
G24.gal 14/09/2026 17:55

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por diversas vías que tiveron que recibir atención médica no hospital tras sufrir dous episodios diferenciados de agresións durante a celebración das festas do barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.

Familias e achegados formularon denuncia ante a Policía Nacional e tratan de solicitar a través de redes sociais vídeos e testemuñas das agresións.

"Se alguén ten vídeos da noite das festas de Conxo do venres, por favor, fágannolas chegar", traslada no seu perfil de Facebook a nai dunha das vítimas.

Explica que a agresión se produciu "entre varios" e que "coñecidos da cidade pateáronlle a cabeza" ao seu fillo despois de tiralo ao chan, "ata deixalo inconsciente". Agrega que tivo que ser trasladado ao hospital en ambulancia.

"Agradécese calquera información, xa que só temos uns poucos identificados. Moitas grazas de antemán por calquera información", apela, finalmente.

No outro caso, unha agresión que na denuncia consta como rexistrada sobre as 2:30 horas, o mozo pararía un ataque cunha navalla coa man, o que lle ocasionou un corte, amais de recibir varios golpes na cabeza despois de ser supostamente atacado por un grupo que portaba botellas, coitelos e a culata metálica dunha pistola.

Fontes policiais ratificaron que se investiga a un grupo conformado por ao redor dunha ducia de integrantes, algúns maiores de idade, por este caso. O mozo agredido, de 19 anos, nacido en Colombia, onde se atopa agora mesmo a súa familia, foi acollido por unha muller cuxos fillos o coñecen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade