As altas temperaturas están a atrasar as compras de roupa e calzado de outono
Coa previsión de tempo seco e solleiro, o cambio de armario aínda pode esperar
Nas tendas de roupa coma esta de Bertamiráns, abrigos, gabardinas e xerseis de la agardan nos percheiros. Con temperaturas que volverán rozar os trinta graos, difícil seducir os clientes coa nova temporada Escaparates espidos e na rúa roupa lixeira.
"O cambio de armario con estas temperaturas , si se atrasa. Eu creo que hoxe en día o que son as temporadas de cambio de estación non están tan marcadas, agora é un continuo con coleccións novas case semanalmentes", di Olaia.
"O setembro do ano pasado foi moitisimo mellor, eu penso que foi polo tempo. Con calor a xente non se anima a comprar de temporada. Está sendo máis tranquilo", conta Rosana no seu comercio no Milladoiro.
As previsións meteorolóxicas aputan a que o cambio de armario non vai ser urxente este outono.