Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuado en helicóptero despois de ser atropelado por un tractor en Riós

Evacuado en helicóptero despois de ser atropelado por un tractor en Riós

Arquivo Arquivo
G24.gal 17/09/2026 15:45

Unha persoa quedou ferida ao ser atropelada por un tractor nunha leira na parroquia de Trasestrada, no municipio ourensán de Riós.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar uns minutos despois das 12:30 horas.

Ata o punto trasladouse o helicóptero de urxencias sanitarias con base en Ourense e levou o ferido a un centro hospitalario. 

O 112 Galicia alertou o 061, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riós.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade