Publicador de contidos

Publicador de contidos

Accidente mortal de tractor no Val do Dubra

Accidente mortal de tractor no Val do Dubra

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa

Arquivo Arquivo
G24.gal 28/09/2026 21:50

Novo accidente mortal de tractor en Galicia. Unha persoa perdeu a vida no sinistro que se rexistrou contra as nove da noite deste luns en Portomedal, na parroquia de Coucieiro. Segundo a información que recolleu o 112 Galicia, nun primeiro momento, había unha persoa ferida tras envorcar o tractor.

Con estes datos mobilizáronse o 061, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Val do Dubra. Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade