Un morto en Carballo logo de sufrir un accidente co tractor que manexaba
O sinistro tivo lugar nunha leira, na Redonda, en Sambade
Os bombeiros tiveron que liberar a persoa falecida
Unha persoa faleceu este luns en Carballo logo de sufrir un accidente co tractor que manexaba.
Os Bombeiros de Carballo acudiron ao lugar para liberar á vítima. O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular ao redor das 21.00 horas desta noite. Informaba dun accidente de tractor nunha leira, na Redonda, en Sambade, no concello coruñés de Carballo. Aseguraba que a persoa estaba atrapada.
De inmediato, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que ían proceder a liberar á persoa que estaba falecida.