Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esnaquiza a capela do Campo da Feira de Parga, en Guitiriz, e abandona o lugar

Esnaquiza a capela do Campo da Feira de Parga, en Guitiriz, e abandona o lugar

O condutor foi identificado posteriormente pola Garda Civil e deu positivo nas probas de alcolemia

A desfeita causada polo impacto do vehículo agrícola afecta a varias imaxes e o retábulo do templo, que podería datar do século XVII

Imaxe da capela tras ser esnaquizada por un tractor. (Óscar Fernánez vía Europa Press)
G24.gal 13/06/2026 14:51

Hoxe a capela de San Xosé e San Paio, situada ao fondo do campo da feira de Parga, está tapiada con tablóns. O muro traseiro quedou esnaquizado. A poucos metros está o tractor que puido ser o causante do destrozo. Aínda leva as pedras enriba. Manifesta o párroco Óscar Fernández que ninguén viu como sucedeu, pero que está implicado o tractor e que os danos afectaron "ao retábulo do século XVII e varias imaxes"

Os danos máis graves están no interior.  Indica unha veciña que a pesar do accidente "algunhas imaxes lograron salvarse"

Sucedeu pola tarde, pero o condutor do tractor abandonou o lugar dos feitos.

Cando a Garda Civil o identificou fíxolle as probas de alcolemia. Parece ser que superaba o límite permitido.

O lugar quedou sinalizado e as misas se trasladarán para a igrexa parroquial, onde se gardan as imaxes que se puideron salvar do accidente. A intención é restauralas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade