Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ciclistas, obrigados tamén a facer as probas de alcolemia

Os ciclistas, obrigados tamén a facer as probas de alcolemia

Os seus usuarios están suxeitos ás mesmas normas de circulación, coas taxas de alcohol respectivas, e a mesma obriga de someterse a un control, pero hai algunha diferenza.

 

 

G24.gal 08/10/2026 14:07

Desde as asociacións de ciclistas son conscientes de que cada día hai máis adeptos nas estradas. Unha das causas din que é polo encarecemento dos carburantes. Mercan unha bici e deixan o coche na casa.

Esta semana dous ciclistas deron positivo en senllos controis realizados en zona urbana. Un na cidade da Coruña e outro en Santiago, que bateu contra un vehículo estacionado.

Ao da Coruña inmobilizáronlle a bici. Levaba enriba, presumiblemente, o alcohol consumido durante toda unha noite de festa. O condutor enfróntase a unha sanción económica da mesma contía que a que se lle aplica a un condutor de coche ou moto que dese positivo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade