Publicador de contidos

Publicador de contidos

Só un 1% dos infraccións de tráfico son recorridas e faise cando implican delitos penais

Só un 1% dos infraccións de tráfico son recorridas e faise cando implican delitos penais

Os condutores recorren as sancións que implican a perda do carné pero non as económicas

Nas asesorías xurídicas revisan se os feitos se axustan á norma e cuestións de forma como os prazos de notificación

G24.gal 26/07/2026 14:42

Cando un condutor recibe unha sanción administrativa de tráfico procura acollerse ao pronto pago para ter o desconto do 50% nos vinte días naturais desde que a recibe. Pero cando está en xogo quedar sen carné é cando habitualmente revisan se os feitos se axustan á norma.

"Mírase se se axustan á norma, se era a persoa sancionada a que conducía ou non, se realmente os datos do vehículo están correctos, como a matrícula e o tipo de vehículo. Revísanse tamén as cuestións de forma do tipo de se a sanción foi notificada en prazo"", explica Francisco Romero, avogado experto en Dereito Administrativo  

No caso das multas de radar hai unha marxe de erro de entre o 3 e o 7% con respecto á velocidade notificada que se debe aplicar a favor do condutor e que vén dada pola oscilación que poden ter os radares debido ao uso. 

"Hai unha marxe que se ten que respectar dependento do tipo de radar. Se son fixos é o 5%, se son móbiles é un 7%. Os radares de trípode teñen un 5% e os de base que están nas autovías e autoestradas teñen un 3%", detalla Romero

O mesmo pasa cos alcolímetros. Se a taxa notificada supón unha sanción penal porque supera minimamente o 0,6 mg/l en aire pode revisarse xuridicamente. E constatar ademais que se lle repetiu a proba ao condutor e que puido facer tamén outra en sangue.

"Nós temos que traballar sobre a marxe de que ata case 0,64 aínda se pode considerar sanción administrativa.

Con todo, son marxes moi pequenas que se os condutores superan non hai recurso posible. De aí que só recorran pouco máis do 1% e destas só consigan gañar arredor dun 11%.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade